Pechar

Bitácora

A bitácora é o moble no que está instalado o compás náutico ou agulla náutica e sitúase ao lado do leme do barco. No mundo da alta tecnoloxía, a agulla náutica magnética segue sendo o recurso esencial do navegante cando os demais instrumentos fallan. O nome tómao do caderno de bitácora que se gardaba neste moble cando os barcos non tiñan ponte.

Dimensións:
78 x 136 x 50 cm.
Material/Soporte:
Madeira, bronce, ferro, vidro, papel impreso / Fundición, batido, carpintaría
Contexto Cultural:
Contemporánea (ca. 1900)
Autor:
Alex Dobbie Son LTD