Pechar

Bocexo para cartel publicitario das conservas Massó

Cartel publicitario sobre as conservas da fábrica Massó. Represéntase unha parella vestida con elegancia e reflexo da moda dos anos vinte do século pasado.

O autor foi un dos maiores debuxantes, ilustradores e cartelistas da primeira metade do século XX. Entre 1920 e 1925 realizou traballos como deseñador e publicista para a conserveira Massó, mentres seguía colaborando con publicacións de tirada nacional. O seu traballo encaixa perfectamente no panorama do deseño e a ilustración da época, coincidindo cun momento en que se revolucionou o deseño gráfico do país dentro dun contexto máis amplo a nivel europeo e influído sobre todo por Francia. Os debuxos e ilustracións sobre o mundo da moda proliferaron e contribuíron a difundir a alta costura e ao nacemento do cartelismo moderno.

Dimensións:
35,1 x 58,9 cm.
Material/Soporte:
Témpera, colaxe / Debuxo a cor sobre papel
Contexto Cultural:
Contemporánea (1920-1925)
Autor:
Federico Ribas Montenegro (1890-1952)