Museos de Galicia

Museo Etnográfico Sotelo Blanco

O museo

Situado na sede da Fundación Sotelo Blanco na estrada que vai ao aeroporto de Santiago de Compostela, o museo ocupa dúas salas de exposición dedicadas á colección permanente e unha sala de exposicións temporais. O museo recolle distintas mostras da cultura popular da Terra de Castro Caldelas, de onde proceden as maior parte das pezas.

A exposición procura que as distintas pezas aparezan nos seus lugares de uso e en relación as unhas coas outras, de maneira que a comprensión da cultura popular sexa atractiva para o visitante. Pódense ver na visita oficios como curtidores, canteiros, ferreiros etc. Tamén recrea ambientes da casa tradicional galega como a cociña, cuartos, a labranza etc. Destacan tamén os espacios dedicados á emigración galega do século XX.