Museos de Galicia

Museo Histórico de Sargadelos

O museo

As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimúndez Ibáñez, a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais Fábricas cesou no ano 1875.

Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso paseo dos namorados, o Pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o museo, a Casa da Administración. Tanto o museo, no que se pode contemplar a evolución na producción das Reais Fábricas de Sargadelos, como o resto do conxunto supoñen un percorrido pola historia industrial galega máis sobresaínte.

Galería