Ir o contido principal

Museo de Arte Sacra de Santa Clara

Museo de Arte Sacra de Santa Clara

O museo

O Museo de Arte Sacra de Santa Clara abrangue tres pequenas dependencias barrocas do convento, construído no século XVIII pero cunha estrutura interior que data do século XIII, e pertencente á orde das irmás clarisas. Noutro tempo parece que custodiou grandes obras artísticas das que algunhas son mostradas no museo.

Destacan sobre todas a 'Virxe abrideira', unha pequena talla de marfil de finais do século XIII e case segura doazón da Raíña de Castela e León Dona Violante, fundadora do Convento e muller de Alfonso X O Sabio. A outra peza sobresaínte é a cruz de cristal de roca que mostra interesantes técnicas artísticas de ourivería gótica cun gran mostrario de materiais (cristal, esmaltes etc.).

Campo da Barreira, 14
32660, Allariz

Tlf. 988 440 702
museoasacro.allariz@gmail.com

Horario

Mañás: 10:30-13:30 h
Tardes: 17:00-19:00 h
Martes pechado


Tarifas

Tarifa gratuíta