Museos de Galicia

Museo Provincial do Mar

O museo

O Museo do Mar nace en 1969, como froito da gran paixón do mestre D.Francisco M. Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Dende os seus inicios pretende reflectir a vida mariñeira da costa lucense e amosa-la súa riqueza biolóxica e etnográfica. O edificio que serve de sede ao museo construíuse no ano 1931 para albergar a Escola Unitaria de San Cibrao.

O museo consta de catro salas: A primeira sala recolle a sección de documentación gráfica e mecánica naval. Na segunda sala amósanse fondos de etnografía e fauna mariña: artes de pesca tradicionais, traiñón, a pesca da balea, osos de mamíferos mariños, peixes desecados. A terceira sala está dedicada á fauna e flora mariñas: malacoloxía, algario, corais, crustáceos, equinodermos, fósiles. Por último, na sala cuarta pódese ver a sección de navegación dedicada por un lado á construcción naval e por outro á navegación cunha colección de cartas náuticas, instrumentos, sinais, áncoras, nós etc. No exterior do museo exponse unha colección de áncoras e canóns.

Galería

  • Exterior do museo

  • Sala dedicada á navegación

  • Sala dedicada á navegación

  • Sala dedicada á caza da balea

  • Restos óseos de animais mariños

  • A carpintería de ribeira

  • Maqueta de barco a vela