Profesionais

Para os museos xestionados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais regulouse unha colaboración cos centros educativos de Galicia con programas de formación e voluntariado que teñen como obxectivo principal impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos.

CONVENIOS EN VIGOR (descarga en formato PDF):
 

1. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a USC de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, do alumnado da USC nos arquivos e museos da consellería.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Campus de Santiago de Compostela
    • Facultade de Ciencias da Educación
    • Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
    • Facultade de Xeografía e Historia
  • Campus de Lugo
    • Facultade de Formación do Profesorado
    • Facultade de Humanidades

Data de sinatura: decembro de 2019
Vixencia: 4 anos prorrogables

 

2. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a UDC de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, do alumnado da UDC nos arquivos e museos da consellería.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Campus da Coruña
    • Facultade de Ciencias da Comunicación
    • Facultade de Ciencias da Educación
    • Facultade de Socioloxía
    • Escola Universitaria de Turismo
  • Campus de Ferrol
    • Facultade de Humanidades e Documentación

Data de sinatura: agosto de 2019
Vixencia: 4 anos prorrogables

 

3. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a UNED de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, do alumnado da UDC nos arquivos e museos da consellería.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Grao en Turismo
  • Grao en Pedagoxía
  • Grao en Pedagoxía Social
  • Grao en Historia da Arte
  • Grao en Xeografía e Historia
  • Grao en Antropoloxía Social e Cultural
  • Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
  • Máster Universitario en Innovación e Investigación en Educación
  • Máster Universitario en Intervención Educativa en Contextos Sociais
  • Máster Universitario en Tratamento Educativo da Diversidade
  • Máster Universitario Euro-Latinoamericano en Educación Intercultural

Data de sinatura: xaneiro de 2020
Vixencia: 4 anos prorrogables

 

4. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas polo alumnado das facultades de Historia e Belas Artes da Universidade de Vigo en centros dependentes ou xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Facultade de Historia (Campus de Ourense)
  • Facultade de Belas Artes (Campus de Pontevedra)

Data de sinatura: novembro de 2019
Vixencia: 4 anos prorrogables

 

5. Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares do alumnado do Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) da Facultade de Formación do Profesorado da USC.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Máster Universitario en Dirección das Actividades Educativas na Natureza (DAEN) da Facultade de Formación do Profesorado da USC

Data de sinatura: abril de 2017
Vixencia: 4 anos prorrogables

 

6. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Complutense de Ciencias Musicais para a realización de prácticas do alumnado do Máster en Xestión Cultural: música, teatro e danza.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Máster Universitario en Xestión Cultural: música, teatro e danza

Data de sinatura: febreiro de 2016
Vixencia: por cursos académicos prorrogables

 

7. Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización de prácticas formativas do alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia en museos de titularidade estatal e autonómica adscritos á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Ámbito (titulacións) que abrangue:

  • Especialidade Restauración Bens Arqueolóxicos
  • Especialidade Restauración Bens Escultóricos
  • Especialidade Restauración Bens Pictóricos

Data de sinatura: decembro de 2009
Vixencia: por cursos académicos prorrogables