Profesionais

Servizo de museos

O Servizo de Museos é a unidade administrativa que coordina as actuacións en materia de museos na Comunidade Autónoma de Galicia e ten a responsabilidade sobre o control do patrimonio moble custodiado nos museos e coleccións visitables galegas, tanto nos de titularidade autonómica como estatal xestionados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, como daqueles que constitúen o Sistema Galego de Museos. Dende o servizo articúlase o asesoramento e a colaboración continua entre técnicos/as das diferentes institucións museísticas na procura dunha unidade de acción institucional no que se refira aos procedementos e ao tratamento técnico dos fondos.

Xefa do Servizo: Nuria Serrano Téllez

Enderezo: Cidade da Cultura. Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, 1º andar. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 545 934 - 881 999 009
Fax. 881 999 740

servizo.museos.cultura@xunta.gal

Funcións

Son funcións do Servizo de Museos:

  • Coordinación e dirección técnica do Sistema Galego de Museos e das distintas redes que o integran, así como a inspección dos museos galegos e o seu patrimonio cultural. 
  • Xestión dos museos de titularidade autonómica adscritos a esta Consellería e os de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Tramitación e informe dos procedementos para a creación, autorización e cualificación de museos e coleccións visitables segundo a normativa vixente. 
  • Actualización e control do Rexistro e o Censo de Museos de Galicia. 
  • Inventario do patrimonio moble custodiado nos museos galegos, así como o control dos movementos, as restauracións e as reproducións do patrimonio moble custodiado neles.
  • Apoio e asesoramento técnico nas materias de patrimonio moble e de museos de interese para Galicia. 
  • Programación, coordinación e xestión das actuacións en materia de incremento, conservación, documentación, investigación e difusión do patrimonio custodiado nos museos galegos. 
  • Taxación de bens culturais de carácter museístico con fins administrativos. 
  • Xestións para o incremento do patrimonio moble dos museos propios e xestionados por adscrición ou depósito e as súas diferentes formas de ingreso.
  • En xeral, aquelas que lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

Tramitacións

O Servizo de Museos ten encomendada a tramitación dos expedientes relacionados con:

  • Control de movementos, restauracións e reproducións do patrimonio moble de museos e coleccións do Sistema Galego de Museos: saídas, intervencións e restauracións de fondos museísticos.
  • Incremento e documentación do patrimonio moble galego:
    • Adquisicións, doazóns e depósitos en comodato de fondos en museos xestionados pola Xunta de Galicia.
    • Inventariado do patrimonio moble de museos e coleccións do Sistema Galego de Museos.
    • Depósitos de material arqueolóxico en museos e coleccións do Sistema Galego de Museos.
  • Autorización, recoñecemento e creación de museos ou coleccións visitables no territorio da Comunidade Autónoma.
  • Autorización de publicacións, reproducións e xestión económica dos museos autonómicos e xestionados dependentes da Dirección Xeral de Políticas Culturais.
  • Xestión de convenios. 

Museos xestionados pola Xunta de Galicia

Sistema Galego de Museos

Forman parte do Sistema Galego de Museos todos os museos e coleccións visitables, de diversas titularidades e tipoloxías, situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, autorizados pola Consellería de Cultura e Turismo e inscritos no Censo de Museos e Coleccións.

As competencias que ten atribuídas nesta materia a Consellería de Cultura e Turismo exércense principalmente nos museos propios e nos que xestiona de titularidade estatal, pero tamén nos máis de 70 museos e coleccións que se distribúen pola xeografía galega, pertencentes a administracións locais, a fundacións privadas e á igrexa.

Segundo os contidos temáticos destes museos e coleccións podemos establecer varias tipoloxías: