Profesionais

Xestión de museos na Consellería de Cultura e Turismo

As competencias da Consellería de Cultura e Turismo en materia de museos de interese para Galicia desenvólvense a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, que ten encomendada a dirección e coordinación das actuacións da Consellería en materia de museos e que van dirixidas a velar pola conservación, o coidado, a promoción e a difusión do patrimonio moble de Galicia, especialmente a través destas institucións.

A Subdirección de Arquivos e Museos ten, entre as súas funcións, a coordinación e dirección técnica do Sistema Galego de Museos, a xestión dos museos de titularidade autonómica adscritos a esta Consellería e os de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia. 

Servizo de Museos, adscrito á subdirección citada, é a unidade administrativa que coordina as actuacións en materia de museos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contacto

Xefa do Servizo: Nuria Serrano Téllez

Enderezo: Cidade da Cultura. Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, 1º andar. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 545 934 - 881 999 009
Fax. 881 999 740

servizo.museos.cultura@xunta.gal