14 de xullo do 2017 Xuvenciencia 2017 no Museo do Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

O 7 de xullo, 20 alumnos participantes no V Campus científico-técnico de verán 2017 Campus Terra da USC, Campus de Lugo, visitaron o castro e o museo de Viladonga. Durante a visita participaron en varios obradoiros nos que aprenderon a documentar e catalogar, a través da aplicación Domus (sistema integrado de documentación e xestión museográfica), algunhas pezas arqueolóxicas baixo a supervisión do persoal do museo; tamén aprenderon os rudimentos da cocción tradicional da cerámica, coa colaboración dos artesáns da empresa Barroenvivo e achegáronse ao traballo de campo arqueolóxico no castro.

Os participantes neste campus de verán, de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, estudantes da E.S.O e Bacharelato procedentes de distintas localidades tanto de Galicia, como de España, Portugal e Brasil, viñeron acompañados das profesoras Elena Freire Paz, do Departamento de Filosofía e Antropoloxía e Ana Cabado Iglesia, do departamento de Historia, ambos da USC, Campus de Lugo.

Os asistentes a este campus teñen intención de cursar estudos universitarios en materias tan variadas como Ciencias da Saúde, Matemáticas, Física, Bioloxía, Económicas, Dereito e Arqueoloxía.

Galería

  • Xuvenciencia 2017

  • Xuvenciencia 2017

  • Xuvenciencia 2017

  • Xuvenciencia 2017 no Museo do Castro de Viladonga

  • Xuvenciencia 2017