16 de abril do 2015 Publícase a lista definitiva de persoas seleccionadas para as bolsas de patrimonio moble

Á vista da proposta da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural sobre a convocatoria das bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego correspondentes ao ano 2015 (Orde do 23 de decembro de 2014; DOG nº9, do 15 de xaneiro de 2015), resólvese a aprobación das listas definitivas das persoas que resultaron seleccionadas para a adxudicación das bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego, nos respectivos campos de Arqueoloxía, Historia da Arte, Historia e Restauración.

Toda a información relacionada co procedemento pode consultarse na sección "Bolsas e  subvencións" desta web.