22 de maio do 2018 Proxecto de intervención no Castro de Viladonga. Campaña 2018

Museo do Castro de Viladonga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa achega de fondos Feder, aprobou unha dotación de 200.000 € destinada á posta en valor do sector nordeste do Castro de Viladonga. Esta intervención consistirá na escavación e consolidación das estruturas desta área, na mellora dos accesos no interior da croa do castro e no acondicionamento do vieiro que percorre a parte superior da muralla principal. Estas actuacións van permitir a realización de novas investigacións e van facilitar e mellorar a accesibilidade e a seguridade da visita.

Para dar a coñecer estas intervencións e con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, este mes dedicado ao patrimonio arqueolóxico, visitou o castro e o museo o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado por outros representantes da consellería, polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e polo alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado.

Galería

  • Proxecto de intervención no Castro de Viladonga. Campaña 2018