9 de setembro do 2019 O Museo do Viño acolleu unhas xornadas sobre a pegada histórica do viño no Camiño de Santiago

Museo do Viño de Galicia

Un grupo de profesionais da enoloxía, historia, arqueoloxía, xeografía e antropoloxía participaron esta fin de semana nun simposio, organizado polo Consello Regulador do Ribeiro e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, que buscou salientar a importancia do viño no Camiño. A reunión desenvolveuse ao abeiro do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

Durante tres días, profesionais de toda a Península participaron nunhas intensas xornadas formativas e de divulgación nun dos centros históricos de produción e comercialización de viño: O Ribeiro. O recentemente inaugurado Museo do Viño de Galicia acolleu este grupo de especialistas na historia do viño para poñer de manifesto a súa relevancia no Camiño de Santiago.

Nestas xornadas tamén se visitaron os xacementos castrexos de Santa Lucía, en Castrelo de Miño, e de San Cibrao de Las, en San Amaro, así como os lagares rupestres de Arnoia e Carballeda de Avia.

Galería

  • Un momento da celebración das xornadas no Museo do Viño