23 de abril do 2014 O Museo do Mar acolle o primeiro concerto de despedida da xira 'Acróbata'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá este venres 25 de abril o primeiro concerto da despedida da xira do disco ‘Acróbata’, un traballo de Fred Martins e Ugia Pedreira que desde 2011 ten percorrido os escenarios de Galicia, Brasil, Portugal e Inglaterra. As entradas, cun prezo de 12 euros, poden adquirirse no propio museo. O concerto será ás 20 horas.

‘Acróbata’ une os sons de dous lados do Atlántico, do Brasil de Fred Martins e da Galicia de Ugia Pedreira, este proxecto nacía da forza no encontro das dúas beiras do Atlántico. Un disco cheo de frescura que tivo nesta xira unha gran acollida de público e crítica, e que está conformado por composicións de ambos os autores e dalgúns colaboradores coma Germán Díaz, Marcos Suzano, Pablo ou Pedro Pascual.