21 de novembro do 2019 O Museo do Castro de Viladonga celebrou o Día do Patrimonio Mundial cun obradoiro de cestería de colmo

Museo do Castro de Viladonga

Con motivo do Día do Patrimonio Mundial (Unesco), o Museo do Castro de Viladonga realizou os días 16 e 17 de novembro un obradoiro de cestería tradicional de colmo, a cargo da artesá Lola Tourón. Esta actividade tivo como finalidade recuperar e difundir este rico patrimonio etnográfico. A técnica de colmo, unha da máis antigas, ilustra o uso de pezas de cestería en época castrexa que non se conservan por tratarse de materiais orgánicos perecedoiros.

Tamén se proxectou un vídeo documental, O José da Veiga cesteiro centenario, no que un veciño de Cospeito conta a súa experiencia coa cestería ao longo da súa dilatada vida. Un exemplo de recuperación de patrimonio inmaterial realizado por Sonia Engroba Cabana e Antón Figueira.

Galería

  • Un momento do desenvolvemento do obradoiro

  • Elaboración dunha peza de cestería de colmo