23 de xuño do 2015 O Museo das Peregrinacións e de Santiago obtén este ano o certificado de Excelencia de Tripadvisor

Museo das Peregrinacións e de Santiago

TripAdvisor é a maior web de viaxes do mundo. Proporciona consellos de viaxeiros e unha ampla variedade de opcións de viaxes e a súa planificación. Os sitios coa marca TripAdvisor conforman a comunidade de viaxes máis grande do mundo, que alcanza a cifra de 340 millóns de visitantes únicos ao mes, ademais de contar con máis de 225 millóns de opinións e comentarios.

TripAdvisor concede o Certificado de Excelencia a aqueles aloxamentos, restaurantes e puntos visitables das cidades que reciben constantemente opinións excelentes de viaxeiros.

Este prestixioso certificado, xa no seu quinto aniversario, recoñece o papel dos establecementos que obtiveron con regularidade boas opinións dos viaxeiros, polo que, como no caso do Museo das Peregrinacións e de Santiago, outorga un valor engadido que avala a calidade da súa oferta cultural.