Museos de Galicia

3 de abril do 2017 O Museo das Peregrinacións acolleu durante tres días o VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial

Museo das Peregrinacións e de Santiago

VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial
VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial

Máis de 70 especialistas e responsables da xestión dos bens culturais máis sobranceiros de España e Portugal reuníronse entre o 29 e o 31 de marzo no Museo das Peregrinacións e de Santiago no marco do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial, organizado pola Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración co Consorcio de Santiago, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.

Foron tres xornadas de traballo e debate orientadas a avaliar e analizar casos prácticos sobre o impacto do turismo no Patrimonio Mundial. Ao respecto, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou na inauguración que se deben de aplicar as estratexias e metodoloxías precisas para buscar o equilibrio entre a actividade turística e a xestión do patrimonio, "dous ámbitos que puideran semellar antitéticos pero que, en realidade, –en palabras de Rodríguez– son ou deberían ser complementarios".

Na devandita inauguración do encontro participaron, ademais do conselleiro, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega Varela; o director xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural de España, Luis Lafuente Batanero; a representante da Comisión Nacional de UNESCO Portugal, Maria de Lurdes Serpa Carvalho; e o representante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Portugal, Manuel Lacerda.

Galería

  • Cartel do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial

    Cartel do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial

  • VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial

    VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial