Ir o contido principal

O Museo de Belas Artes ofrece unha ampla bibliografía sobre a vida e a obra de Picasso

Con motivo da actual exposición temporal "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", o Museo de Belas Artes da Coruña lembra que a súa biblioteca conta cunha amplia bibliografía sobre a vida e a obra de Picasso, que se achega aos 140 títulos.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao catálogo para realizar a busca. Todas as publicacións se poden consultar na propia biblioteca segundo as condicións establecidas na web do museo.

De entre todas elas, o Museo de Belas Artes realizou unha pequena selección daquelas publicacións onde aparece obra da súa etapa coruñesa, ou onde se fala da súa vida neses anos, que se pode consultar nun taboleiro en Pinterest.