11 de xullo do 2019 O Museo de Belas Artes da Coruña estrea app

Museo de Belas Artes da Coruña

A aplicación móbil SC Museo Belas Artes da Coruña permite ver en súper-alta resolución unha selección de obras singulares da colección e apreciar con minuciosidade as pinceladas, as texturas e detalles casi imperceptibles na contemplación nas salas. Ademais, proporciona información elaborada polos técnicos do museo.

Esta app foi realizada con Second Canvas con motivo da participación do Museo no proxecto scModules, cofinanciado polo programa H2020 da Unión Europea.

Ligazóns