9 de febreiro do 2018 IX Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital

O prazo para presentarse á nova convocatoria deste galardón do Museo do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira, A Coruña), dirixido a artistas nacionais e estranxeiros/as, permanece aberto ata o 31 de maio de 2018.

Concederanse os seguintes premios:

  • Premio Ramiro Carregal de gravado, dotado con 5 000 €
  • Premio María del Rosario Martín, dotado con 2 500 €
  • Dous premios de 2 500 € cada un
  • Un premio especial de 2 000 € para un/unha artista nacida/o ou residente en Galicia

 

As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas gráficos e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, e serán inéditas. Admitiranse como máximo dúas por autor/a.

O xurado encargado da súa valoración está conformado por Manuel Ayaso, pintor e gravador; José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia; Alfonso Costa, pintor e gravador; Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora; Juan Monterroso Montero, decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; José Manuel López Vázquez, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; e Isabel Pintado, pintora, gravadora e docente. Emitirán o seu veredicto no prazo máximo de dous meses dende a finalización da entrega das obras.

 

Bases