25 de agosto do 2017 Inicio das escavacións da campaña 2017-2018 no Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

Este luns, 21 de agosto, comezaron os traballos previstos no proxecto “Escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo). Campaña 2017-2018”, que leva a cabo a empresa Terra Arqueos S.L., baixo a dirección de Yolanda Álvarez González. Terán unha duración estimada de seis meses, os dous primeiros de traballo de campo.

As primeiras intervencións consisten na roza e limpeza de vexetación en toda a superficie do xacemento e no marcado e protección da área de intervención; a continuación farase a escavación de áreas nas que non se interveu ata agora e a reescavación de outras escavadas nos anos 70 do século XX, a súa consolidación, restauración e acondicionamento. Ó terminar o traballo de campo, levaranse a cabo labores de documentación, sinalización e divulgación dos restos e traballos de laboratorio que comprenden a limpeza, tratamentos de conservación e estudo dos materiais e estruturas atopadas.

Máis información no blog da intervención arqueolóxica.