25 de outubro do 2017 Editado o número 27 (2017) da revista científica e de divulgación cultural Croa

Museo do Castro de Viladonga

A Revista Croa é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do museo, e ademais servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.

O volume deste ano dedícase á presenza na internet do museo, xa que este ano estreou páxina web e nova imaxe corporativa. Preténdese con iso mellorar a visibilidade e difusión do museo e do Castro de Viladonga.

Neste novo número recóllense tamén estudos de carácter histórico, etnográfico e museográfico, así como as actividades do museo e a súa asociación de amigos e as novidades bibliográficas recibidas na biblioteca do museo.

A revista pódese descargar aquí en formato PDF.

Documentos