27 de xullo do 2017 Dixitalización das diapositivas do fondo documental do Museo do Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

O Museo do Castro de Viladonga vén de levar a cabo a dixitalización das aproximadamente 8.000 diapositivas que forman parte do seu amplo fondo documental. Este proceso evita o deterioro das mesmas, evitando a súa manipulación directa e facilitando a consulta e accesibilidade para investigadores e persoal que o solicite.

Este proxecto foi desenvolvido pola empresa consultora tecnolóxica Unayta ao longo de tres meses, e financiado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.