20 de decembro do 2016 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai unha aposta innovadora de dixitalización e difusión do patrimonio cultural e mostra un catálogo de pezas 3D dos seus museos

Imaxe do espazo de Museos de Galicia en Sketchfab
Imaxe do espazo de Museos de Galicia en Sketchfab

Desde hoxe unha mostra cunha selección de 72 pezas dos museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderase visualizar na plataforma web Sketchfab para compartir a virtualización das súas coleccións.

Esta plataforma web é pioneira na visualización tridimensional e permite un acceso interactivo a modelos 3D desde calquera dispositivo (teléfono intelixente, tableta e ordenador). O acceso ás pezas pode realizarse a través da agrupación denominada MUSEOS DE GALICIA e tamén de forma individual co nome de cada museo.

Esta iniciativa, permitirá aumentar a difusión das coleccións dos museos de Galicia e pon a disposición do público unha ferramenta para gozar de modelos tridimensionais de cinco museos xestionados pola Xunta de Galicia: Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo Massó de Bueu e Museo do Castro de Viladonga.

A recreación realizouse mediante fotogrametría dixital, técnica que recrea un obxecto de forma tridimensional a través de múltiples fotografías do mesmo.

En breve, a estes modelos 3D tamén se poderá acceder a través do portal Museos de Galicia, xa que se van dixitalizar máis pezas significativas das coleccións e ampliar o número de museos na plataforma.

Acceso a Sketchfab de MUSEOS DE GALICIA: https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/models

Museo Arqueolóxico de Ourense

https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/collections/museo-arqueoloxico-de-ourense

Museo das Peregrinacións e de Santiago

https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/collections/museo-das-peregrinacions-e-de-santiago

Museo Etnolóxico de Ribadavia

https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/collections/museo-etnoloxico-ribadavia

Museo Massó de Bueu

https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/collections/museo-masso

Museo do Castro de Viladonga 

https://sketchfab.com/Museos_de_Galicia/collections/museo-do-castro-de-viladonga