Ir o contido principal

Celebración do Día Internacional dos Museos 2018

Este ano o ICOM dedica o Día Internacional dos Museos (DIM 2018) ao tema Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos. Nun mundo cada vez máis conectado, resulta imposible entender o papel dos museos sen ter en conta todas as conexións que estes establecen. Son parte inherente das súas comunidades locais, da súa paisaxe cultural e da súa contorna natural. A tecnoloxía permite aos museos chegar máis aló do seu público habitual a través de algo tan sinxelo como un hashtag. Algúns museos nin sequera necesitan a tecnoloxía para crear novas conexións; para eles, presentar a súa colección dunha forma diferente e innovadora é suficiente para atraer a un público totalmente novo. O Día Internacional dos Museos 2018 é unha oportunidade para todos os museos do mundo de buscar novos enfoques e novos públicos a través da análise, o reforzo e a creación de conexións.

Con motivo da celebración desta data, os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecen, como cada ano, un amplo programa de actividades: visitas guiadas, xornadas de portas abertas, concertos, espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Todas estas actividades realizaranse principalmente o venres 18 e o sábado 19 de maio, aínda que terán lugar ao longo de todo o mes.

O calendario está dispoñible no ficheiro adxunto. Ademais, pódese atopar información máis detallada en cada un dos museos.

Documentos

Programa do DIM 2018 nos museos galegos (220.55 KB) (...)