16 de maio do 2017 Calendario de actividades no Día Internacional dos Museos

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio. Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “Museos e Historias controvertidas: dicir o indicible nos museos”, para salientar a responsabilidade dos museos en promover e comunicar que as coleccións dos museos encarnan os medios da memoria e da representación da historia, tamén daquelas memorias feridas, para poder reflexionar máis aló dos individuos na busca da reconciliación.

Este é o calendario pormenorizado; pódese atopar información máis detallada en cada un dos museos.