This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Octante

O octante foi inventado polo inglés John Hadley en 1731 para observar a altura dos astros sobre o horizonte do mar. Consiste nunha versión perfeccionada do cadrante, con dous espellos.

Xirando o indicador, o navegante facía coincidir as imaxes reflectidas da estrela e do horizonte. Entón o indicador sinalaba, sobre unha escala do extremo, a altura da estrela medida en graos.

 

Dimensións:
45 x 37 x 7 cm. 
Material/soporte:
Madeira, marfil / Talle, fundición 
Contexto cultural:
Moderna. 1775 
Autoría:
William Barrer (Gran Bretaña)