This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Lata de conserva Massó

Coa identificación en francés: Le Drapeau. Sardines espagnoles

Este é un exemplo dun dos obxectos provenientes da antiga fábrica que é o resultado de todo un proceso industrial que comprende dende o uso dunha materia prima (lata) e a súa ilustración (litografada mediante pranchas específicas, deseñadas para iso), ata a súa transformación en envase.

Dimensións:
10,5 x 6 x 4 cm. 
Material/soporte:
Lata / Litografiada 
Contexto cultural:
Contemporánea (1930-1940) 
Autoría:
La Artística (Vigo) e Fábrica Massó (Bueu)