Canón e arpón baleeiro
Pechar

Canón e arpón baleeiro

Dispositivo de caza para balea. Consiste nun canón montado sobre unha base de madeira. Desprázase en vertical ata un ángulo de 45º. O arpón vai no seu interior.

Artefacto inventado por William Greener, é un tipo de arma moi escasa e doadamente datable, pois cara á metade do século XIX comeza a impoñerse outro tipo de canón. Era usado sobre todo por ingleses e norteamericanos na caza do Ártico e no Pacífico.

 

Dimensións:
Canón 130 cm; Arpón 121 cm. 
Material/soporte:
Madeira de caoba e latón 
Contexto cultural:
Contemporánea (ca.1850) 
Autoría:
Fabrica LH. HAGEN & Cº - CHRISTIANA