Canon arpoeiro para a caza da balea
Pechar

Canon arpoeiro para a caza da balea

Peza oca e cilíndrica empregada para lanzar arpóns con impulso dunha carga explosiva ou bala. A base sobre a que se asenta permite a oscilación do mecanismo de lanzamento. Vai provisto dun arpón, con carga explosiva na punta e catro esporóns laterais pechados, que se abren ao impactar co animal.

Dimensións:
54 x 113 x 286,6 cm. 
Material/soporte:
Ferro /Fundición 
Contexto cultural:
Contemporánea (1948) 
Autoría:
Fabrica KONGSBERG (Noruega)