Vitrina da clínica da fábrica de conservas Massó
Pechar

Vitrina da clínica da fábrica de conservas Massó

Nos cristais superiores reprodúcese o logotipo da fábrica de conservas.

Forma parte do mobiliario da antiga clínica que se puido recuperar, pertencente á propia conserveira e situada nas súas instalacións. A asistencia médica na propia fábrica foi unha das medidas innovadoras que os propietarios da fábrica introduciron a principios do século XX., ao principio cun médico e despois coa incorporación de persoal auxiliar. Como a maioría das empregadas eran mulleres, moitas delas traballaban durante os embarazos practicamente ata o momento de dar a luz, porque sabían que na clínica podían recibir asistencia no momento do parto.

Dimensións:
195 x 66 x 44 cm. 
Material/soporte:
Ferro, vidrio/ Fundido, esmaltado 
Contexto cultural:
Contemporánea.  1900 ca. 
Autoría: