Fotografía de grupo. Ribadavia

Fotografía de grupo. Ribadavia

No xardín do «Club Artístico», de Ribadavia, fotográfase dez rapazas caracterizadas de tenistas; están en fila, en pose de executar un paso de baile.

Dentro da popularización da práctica deportiva, sempre dentro de determinados sectores sociais, constátase tamén a presenza da muller no deporte, retratándose mais ben en poses deportivas. Mentres determinadas prácticas coma o ciclismo ou o fútbol se popularizan, algúns sectores da sociedade buscan actividades novas que lles aporte uns dose de exclusividade.

O arquivo fotográfico Chao –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- é unha mostra documental de Ribadavia e os seus habitantes ao longo dun século. Dende que en 1907 Luis Chao se fixera cargo do estudio fotográfico ata o 2005, distintas xeracións desta familia se sucederon. A súa prolongada actividade confire a este arquivo un interese extraordinario para a antropoloxía e a historia: persoas e acontecementos de todo un século que quedaron recollidas nunha fotografía, moitas veces ambulante, con retratos ao aire libre, interiores de traballo ou interiores domésticos.

Dimensións:
13 x 18 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
1930-1936
Autoría:
Foto Chao. Ribadavia