Grupo nun exterior. Tropas

Grupo nun exterior. Tropas

Unha morea de xente observa dende o peirao a partida de tropas dun transporte de tropas do Rexemento Murcia, no vapor «Guillem Sorolla», para a Guerra do Rif (1911-1927) en Marrocos.

Moito mais aló da contextualización de tipos ou escenas cotiás, a conservación deste tipo de fotografías permite contextualizar feitos coma o embarque das tropas no porto de Vigo. O Arquivo Llanos –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- é un referente do fotoxornalismo en Galicia polo valor documental das súas imaxes. Tres xeracións de fotógrafos desta familia teceron unha crónica histórica. As súas fotografías ilustran a transformación urbana, os fitos culturais, deportivos ou relixiosos así como aspectos da vida social e política durante gran parte do século XX.

Dimensións:
13 x 18 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
1920[ca]
Autoría:
Foto Llanos. Vigo