Fotografía de grupo. Ribadavia

Fotografía de grupo. Ribadavia

Grupo de mulleres na rúa Extramuros -antes O Murallón-; ao seu carón hai algunhas caixas de pescado valeiras

O fotógrafo de paso por Ribadavia (ambulante) fai unha serie de fotografías que nos permiten hoxe coñecer o traballo das mulleres que ían á vila a vender peixe. O arquivo da familia Pacheco –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- está formado por varias xeracións de fotógrafos e contén unha produción fotográfica moi importante que abrangue dende finais do século XIX ata os anos oitenta do século XX. Componse de traballos de estudio e de reportaxe na rúa, que recolle non só acontecementos excepcionais senón tamén documenta as escenas da vida cotiá.

Dimensións:
35 cm
Material/soporte:
Plástico / Técnica fotográfica
Contexto cultural:
s.d.
Autoría:
Foto Pacheco. Vigo