Fotografía de grupo. Ribadavia

Fotografía de grupo. Ribadavia

Tres homes, de diferentes idades, sentados a unha mesa nun exterior, comendo polbo e bebendo viño. Ribadavia.

As feiras eran os acontecementos de peso social, por canto eran puntos de encontro, de negocios, de abastecemento, de contacto coas novas de fóra da comarca, de socialización. Ademais, as fotografías das feiras –e do xantar nela- proporcionan datos das actividades e dos grupos sociais que acudía a elas, así como sobre aspectos de xénero, de indumentaria...

Dimensións:
35 mm
Material/soporte:
Plástico / Técnica fotográfica
Contexto cultural:
1940-50 ca.
Autoría:
s.a.