Retrato nun exterior

Retrato nun exterior

Nun exterior, en Avión (Ourense), diante dunha construción de granito, fotográfanse unha muller cunha nena pequena no colo e un home.

O fotógrafo saía do seu estudio e desprazábase como ambulante para ofrecer o seu traballo polas aldeas, neste caso, os domingos acudía a Avión e facía retratos, nas máis das veces para enviar á familia emigrada. O arquivo fotográfico Chao –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- é unha mostra documental de Ribadavia e os seus habitantes ao longo dun século. Dende que en 1907 Luis Chao se fixera cargo do estudio fotográfico ata o 2005, distintas xeracións desta familia se sucederon. A súa prolongada actividade confire a este arquivo un interese extraordinario para a antropoloxía e a historia: persoas e acontecementos de todo un século que quedaron recollidas nunha fotografía, moitas veces ambulante, con retratos ao aire libre, interiores de traballo ou interiores domésticos.

 

Dimensións:
13 x 18 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
1946
Autoría:
Foto Chao. Ribadavia