Grupo nun exterior. Acto político

Grupo nun exterior. Acto político

Saída dunha comitiva funeraria da Casa do Pobo, na avenida García Barbón de Vigo; o cadaleito é saudado alzando o puño pola xente que vai na comitiva ou está na rúa; algunhas persoas visten uniforme; algunha das coroas leva unha cinta coa bandeira de España durante a II República.

A fotografía testemuña a vida política na cidade de Vigo nos anos da II República. O Arquivo Llanos –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- é un referente do fotoxornalismo en Galicia polo valor documental das súas imaxes. Tres xeracións de fotógrafos desta familia teceron unha crónica histórica. As súas fotografías ilustran a transformación urbana, os fitos culturais, deportivos ou relixiosos así como aspectos da vida social e política durante gran parte do século XX.

Dimensións:
10x15 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
1931-1936 ca.
Autoría:
Foto Llanos. Vigo