Roda de fiar

Sobre unha base rectangular, establécese un sistema de tres rodas, movidas por unha única correa que transmite o movemento de xiro. A roda principal ou volante está fixa sobre un eixe metálico conectado a unha manivela. Dous pés verticais soportan o eixe para que o volante xire libremente. A manivela ten alma de metal (ferro), e cuberta do mango de oso. A roda está torneada e decorada con variedade de molduras.

Esta peza utilízase xunto coa roca, substituíndo o fuso, para facer o fío de la ou liño. As fibras téxtiles deben seguir o seguinte percorrido: primeiro pasan polo orificio do eixo e a continuación polo ollal do eixo probablemente seguían polo ollal dun dos brazos do peite. Seguidamente pasarán por algún dos dentes dun dos brazos do peite, para finalizar no orificio da bobina, onde se fixan cunha lazada.

Dimensións:
47 x 31,5 x 31,5 cm
Material/soporte:
Madeira e ferro
Contexto cultural:
Idade contemporánea
Autoría: