Aixola

Instrumento composto dunha folla de metal curva cortante polo seu extremo máis ancho. Na parte máis estreita leva un buraco onde vai encaixado un pequeno mango de madeira.

Esta peza usase para labrar a madeira despois de serrada e desbastada. Este instrumento identifícase co oficio de cubeiro, oficio restrinxido normalmente a zonas onde hai unha produción abundante en viño. Nalgúns casos trátase de carpinteiros que en época preto da vendima se dedican a estas tarefas.

Dimensións:
23,5 x 20,5 x 11,5 cm
Material/soporte:
Madeira e ferro
Contexto cultural:
Oficio: cubeiro. Idade contemporánea
Autoría:
Produción artesanal