This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Virxe

Escultura realizada en alabastro que representa a Virxe María. Ésta aparece de pé, sobre unha peaña, coa cabeza gacha e coas mans cruzadas sobre o peito, mostrando unha sensación de tristeza na faciana, reflexo dun maior naturalismo propio do período. Veste unha longa túnica que lle chega ata os pés e un manto, igualmente longo, que lle cubre o cabelo e que recolle entre os seus brazos. En cuanto á técnica destaca o coidadoso traballo dos panos con pregues que se ondulan nos brazos e que caen ao longo do corpo, así como a delicada policromía que a penas se conserva. Na parte traseira a figura presenta una inscrición na peaña en carácteres ao parecer rúnicos.

Resulta posible que esta escultura formase parte no seu día dun monumento funerario ao que tamén pertencería unha escultura de Santiago igualmente na colección do museo. A escultura evidencia unha dobre influencia artística, dunha banda as correntes procedentes do mundo borgoñón e doutra as provenientes do mundo flamengo que teñen a súa cabida no gótico peninsular na segunda metade do século XV.

Dimensións:
43 x 18 x 11 cm. 
Material/soporte:
Alabastro. Talla 
Contexto cultural:
Segundo 1/3 S. XV 
Autoría:
Escola española