This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Patrón Santiago

Representación do apóstolo Santiago con indumentaria de festa. Unha figura deitada sobre as costas e con roupas que lembran a indumentaria oriental representa ao “herexe”. Montado sobre un cabalo branco en posición de corveta aparece a figura do apóstolo Santiago, cun pescozo esaxeradamente longo, melena, barba e bigote fino. Veste prendas de gran colorido e formas que fan lembrar a moda dos séculos XVII ou XVIII: botas, polainas, faixa, chaleco, casaca, colo de encaixe, capa e sombreiro de aba ancha. Coa man esquerda terma das rendas e ergue o brazo oposto. A peza, en canto a composición e colorido, responde á tradición local.

Este tipo de creacións artesanais mostra o resultado do proceso de colonización da que se orixinan produtos mestizos que agochan claros elementos da cultura precedente indíxena e tamén da que se sobrepón, hispana. Esta situación provoca lecturas e interpretacións non sempre acordes polas fortes implicacións sociais que admiten puntos de vista distintos. O exemplo da familia Mendívil resulta paradigmático para analizar a transmisión da tradición coas innovacións que converten obxectos artesanais en verdadeiramente artísticos e dotados dunha información cultural de gran importancia.

Dimensións:
46 x 25 x 18 cm. 
Material/soporte:
Tecido, madeira, xeso e outros. Moldeado, dourado e policromado 
Contexto cultural:
Contemporáneo. Cuzqueño. 1992 
Autoría:
Mendívil, Hilario e Dueñas de Mendívil, Georgina