This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Santiago peregrino

Representación de Santiago o Maior con atributos propios de peregrino. Veste roupa talar de cor acastañada axustada á cintura cunha correa e ribeteada dourado que deixa ver os pés calzados en negro. Sobre os ombreiros veste unha esclavina en ouro que se decora con dúas carnosas vieiras a cada lado. Do cinturón colga unha cabaza, un rosario así como un obxecto non identificado que pode ter relación con algún culto local. Cruza as mas sobre o ventre ao tempo que sostén o bordón de dobre pomo. Sobre as costas, un amplo sombreiro decorado con vieiras e bordonciños cruzados. A cabeza descuberta trátase con naturalismo a pesares da esquematización simétrica da melena e da barba. A peza está baleirada polo reverso onde conserva la sinatura do escultor así como a data: “HG. V. 1730”

O movemento que o artista infunde nesta escultura, tanto nos panos coma na composición, así como a abundancia de dourados, encaixan perfectamente cos criterios dominantes na escultura barroca alemá e son unha característica que Felizian Hegenauer asume a partir de 1725 co abandono da rixidez que presenta a súa obra anterior e a asunción dun canon máis longo que produce sensación de estiramento das figuras cun aire manierista característico do escultor bávaro.

Dimensións:
99 x 37 x 27 cm. 
Material/soporte:
Madeira pintada e policromada 
Contexto cultural:
Barroco (1730) 
Autoría:
Felizian Hegenauer