This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Santiago Mataespañois

Escultura ecuestre de Santiago na que o apóstolo aparece ataviado como un cortesán con calzas, casaca cinguida, botas de montar e sombreiro de aba ancha ao tempo que blande una flamíxera espada sobre unha figura de menor tamaño vestido “á española” que aparece baixo as patas dianteiras dun desproporcionado cabalo en corveta provisto da súa atalaxe. Contrasta no conxunto o detallismo dalgúns elementos, decorados con gran detalle, e o pouco coidado das ensamblaxes ou a desproporción das partes, independentemente da figura do “español”, produto esta da aplicación dunha perspectiva xerárquica. O conxunto componse de varias pezas desmontables.

Procedente de talleres cuzqueños, responde esta peza a unha temática que se desenvolve en rexións peruanas en íntima relación con movementos independentistas dos pobos andinos no século XIX, se ben desde un punto de vista da indumentaria puidera facernos pensar en datas anteriores en torno ao. XVII. A imaxe do Santiago guerreiro que chega a América (matamouros principalmente) adquire un carácter sincrético nestes territorios asimilándoo a outras divindades indíxenas, iso explicaría a asunción como un aliado que se utiliza para loitar en contra dos colonizadores españois, introdutores do culto ao Apóstolo e portadores da versión iconográfica guerreira de Santiago.

Dimensións:
42 x 40 x 17 cm. 
Material/soporte:
Prata 
Contexto cultural:
Idade Contemporánea (2º 1/3 s. XIX) 
Autoría:
Anónimo. Talleres de Cuzco