Apóstolos Santiago e san Xoán
Pechar

Apóstolos Santiago e san Xoán

Óleo sobre táboa representando aos dous fillos do Zebedeo, os apóstolos Santiago e san Xoán. Á esquerda do espectador aparece Santiago lixeiramente xirado cara o seu acompañante. Veste túnica negra y manto vermello que recolle co brazo dereito e cruza pola parte dianteira, ao tempo que sostén un longo bordón de dobre pomo. Coa manesquerda suxeita o libro aberto. Cubre a cabeza cun amplo sombreiro decorado cunha vieira e un bordonciño. O pelo desenvólvese en melena e presenta ampla barba. No nimbo leva a lenda: SANTIAGO EL ZE. Pola súa parte, san Xoán represéntase como un mozo imberbe, con túnica granate de amplas mangas e manto azul claro que cae sobre o costado. A man dereita en actitude de bendicir mentres que coa esquerda sostén o cáliz co dragonciño, símbolo da súa condición apostólica. No nimbo leva a lenda: SANIVAN:OB

Esta obra posiblemente formara parte dalgún elemento estrutural dun retablo. As características técnicas e estilísticas fan que se atribúa ao denominado “Mestre de Ventosilla”, pintor de nome descoñecido con obra espallada por terras próximas ao lugar do seu taller, e caracterizado pola simplificación das formas, pola importancia do debuxo, así como pola procura do volume e do movemento mediante a utilización de sombras, aínda que segue abusando dos ouros. A súa obra presenta semellanzas con pezas saídas das mans de seguidores de Xoán de Borgoña ou Pedro Berruguete.

Dimensións:
77 x 50,50 x 8,50 cm. 
Material/soporte:
Óleo sobre táboa 
Contexto cultural:
Gótico final (1501-1533) 
Autoría:
Mestre de Ventosilla (atribl)