This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Santiago peregrino

Escultura representando a Santiago o Maior. Veste túnica verde ata os pés e manto vermello aberto lateralmente para permitir a saída do brazo dereito. Baixo esta prenda colga o zurrón de configuración trapezoidal con peche de botón e con dúas borlas rematando a parte inferior. Coa man dereita suxeita un bordón e coa esquerda sostén ol libro aberto. O pelo desenvólvese en melena ondulada que cae polo costado e a barba longa, partida e rizada, organízase en composición simétrica. Cubre a cabeza cun sombreiro de aba volta simulando tecido vexetal e decórase a parte frontal cunha vieira. Os aparecen pés descalzos, como corresponde á súa condición apostólica.

Distintivos da natureza de apóstolo (túnica, manto, libro, pés descalzos) combínanse con outros propios do peregrino (bordón, zurrón, sombreiro, vieira), como algo característico na iconografía de Santiago en torno a 1500. As súas características técnicas estilísticas sitúannos en talleres hispano-flamengos de finais do gótico, activos en territorio castelán, neste caso posiblemente da contorna de Burgos.

Dimensións:
98 x 32,50 x 27 cm. 
Material/soporte:
Madeira tallada e policromada 
Contexto cultural:
Gótico final (Finais s. XV-Ppios s. XVI) 
Autoría:
Escola hispano-flamenga