Vieira

Vieira

Cuncha de vieira natural (Pecten Maximus) que ofrece unha tonalidade amarfilada. Correspóndese coa parte convexa deste bivalvo tan tradicional nas costas de Galicia. Na parte superior da concha, entre as orellas, aprécianse dúas perforacións que servirían para pasar un cordón y suxeitala aopescozo ou a outra parte da indumentaria do peregrino.

Trátase dunha das escasas pezas arqueolóxicas aparecidas no noroeste da península en relación coa peregrinación xacobea. Este exemplar procede dun enterramento situado debaixo da nave colateral norte da catedral de Santiago de Compostela, formando parte do enxoval dun peregrino enterrado con anterioridade á construción desta parte do edificio catedralicio en torno a 1120. A vieira converteuse no símbolo distintivo da peregrinación á tumba do apóstolo Santiago o Maior. Segundo se recolle no Códice Calixtino, a vieira representa as boas obras e a súa comercialización realízase na antiga praza do Paraíso (entrada setentrional) da basílica compostelá, cunha estrita regulación por parte da igrexa.

Dimensións:
10 x 9,30 x 2,60 cm.
Material/soporte:
Concha natural
Contexto cultural:
Edad Media (ca. 1120)
Autoría: