Xugo

Fragmento de xugo pertencente a un dos laterais e que conserva aproximadamente a metade da peza orixinal. Presenta varios saíntes ou “mesas”, para axustar na cabeza da vaca ou boi mediante o atado con sogas, así como a “camella” dun dos laterais para asentar enriba da “molida” e amortiguar a presión sobre o animal. Conserva claras evidencias de uso así como cortes efectuados posiblemente cunha machada. Correspóndese co tipo denominado “cornal” ou “de molida” mediante o que os animais xunguidos pola cornamenta efectuarían a tracción coa cabeza, en contraposición cos xugos de canga ou de chancís.

Pendentes aínda dun estudo en detalle, Este xugo foi localizado no transcurso dos labores arqueolóxicos desenvolvidos no solar do antigo edificio do Banco de España e encontrábase no interior do foxo mandado construír por Sisnando II (951-968), onde acabaría desbotado posiblemente como lixo en momentos próximos á amortización da estrutura defensiva.Pendentes aínda dun estudo en detalle,posiblemente esteamos ante unha peza de gran pervivenza e utilización toda vez que o resultado das datacións radiocarbónicas ofrecen momentos anteriores ao ano mil para a madeira coa que se construíu o xugo. A peza ten unha gran significación no que respecta ao transporte e tamén ao desenvolvemento de labores agrícolas na Idade Media.

Dimensións:
69 x 16 x 8 cm.
Material/soporte:
Madeira tallada
Contexto cultural:
Alta Idade Media
Autoría: