As Capas de Santa Isabel

As Capas de Santa Isabel

No interior dunha igrexa desenvólvese unha escena na que tres cóengos portan as capas pluviais doadas pola raíña Santa Isabel de Portugal. Ao fondo óllase unha imaxe da Virxe de perfil e, no extremo inferior esquerdo, un acólito no que é patente a lembranza do Greco, sostendo unha naveta de prata.

No óleo reprodúcense as capas que, segundo a tradición, a raíña Santa Isabel doou á Basílica Compostelá en 1326. A Virxe reproducida nesta obra custódiase na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela.

Dimensións:
207 x 128 cm
Material/soporte:
Lenzo
Contexto cultural:
Idade Contemporánea. Realismo / 1917
Autoría:
CORREDOYRA, Xesús (1889-1939)