Floreiro

Floreiro

Escena con dous floreiros colocados en dous planos diferentes. No primeiro termo un de porcelana con flores que se sitúa sobre un plinto. Ao fondo, elevado sobre un pedestal, aparece outro floreiro nun cestiño de vimbio que se reflicten nun espello situado no lado esquerdo do lenzo.

Sinálase nesta obra unha posible significación alegórica xa que as flores, na súa maioría abertas e a piques de esfollarse, confiren un sentido de caducidade e incitan á reflexión sobre a fraxilidade da beleza. Englobánse así nunha categoría particular de representacións pictóricas denominadas vanitas. O desenvolvemento dos temas pictóricos nos que os elementos da natureza adquiren un especial protagonismo, prodúcese en Europa a partir de finais do século XVI. Nesta liña, a pintura de flores acada unha destacable presenza na pintura española, especialmente a partir dos años centrais do século XVII, sendo Xoán de Arellano o pintor por excelencia neste xénero.

Dimensións:
126,3 x 106 cm
Material/soporte:
Óleo sobre lenzo
Contexto cultural:
Barroco / 1650[ca]-1660[ca]
Autoría:
ARELLANO, Xoán de (1614-1676)