Prato de peltre
Pechar

Prato de peltre

Para servizo de mesa

Prato metálico de menaxe de cociña de aspecto semellante á prata; aspecto que se consegue mediante a aleación de estano, cobre, antimonio e chumbo. Coñécense exemplos de esta aleación metalífera dende época romana pero é na idade media cando cobra popularidade entre as clases acomodadas. Nesta peza aparece gravada unha rosa, anagrama da dinastía Tudor, símbolo da certificación de calidade da peza polo coroa.

Esta peza xunto con outras de distintos tipos do mesmo material apareceron casualmente na culler dunha draga en San Cibrao (Lugo). Investigacións posteriores na zona revelaron a presenza dun pecio de orixe flamenco afundido en 1543.

Dimensións:
37 x 4 cm 
Material/soporte:
Peltre 
Contexto cultural:
Século XVI 
Autoría:
Descoñecido.